Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

Este ano a Equipa de Dinamización da Lingua Galega organizou actividades moi interesantes para conmemorar as Letras Galegas. O xoves 15 de maio convidaron ao grupo de música medieval Martín Códax, que ofreceu unha charla concerto e  ao día seguinte os convidados foron  alumnado e profesorado do IES Sar, co que o CMUS participou nun proxecto de colaboración con motivo das Letras: As vozes da cor, manisfestando ambos centros a súa expresión artística en torno a textos de autores galegos, unindo deste xeito pintura, música e literatura.

Galeria: ilustracións IES Sar      Galería: concerto 16 maio     Galería: concerto 15 maio

O Coro Elemental do conservatorio, dirixido por María Dios, participa na actividade No bico un cantar, organizada polo Consello da Cultura Galega por segundo ano consecutivo, que reúne a  pequenos cantores de corais e dos conservatorios de Galicia. A pasada edición adicouse a Rosalía en Santiago de Compostela, e este ano a Curros no gran mosteiro de Celanova. O CMUS de Santiago apoia esta fermosa iniciativa da Consellería, que é capaz de reunir a catrocentos rapaces e trasladarlles a cultura dos nosos poetas nun marco musical. Disfrutaron dun día cultural en torno ao Mosteiro de Celanova  que completaron cunha visita guiada a Vilanova.

La voz de Galicia (Celanova)      La Región     La Región (Celanova)     

Un ano máis  contamos coa presenza de O Coro da Ra, a Banda Profesional do CMUS  e o profesorado do Conservatorio para celebrar a Semana de Santa Icía.

 

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago remata a amplia programación de actividades do actual curso cun Concerto de Clausura na Sala Mozart, cheo de emocións, boa música e moita xente. As bandas, o coro e a orquestra luciron amosando o bo traballo que alumnado e profesorado realizaron ao longo do curso. O Coro, da man de Aida López, estreou a peza Esquizofrenia, chea de efectos sorprendentes, de Chistian Losada, mención de honra no II Concurso de Composición Varela Silvari que organiza o CMUS. A Banda Xuvenil, dirixida por Carmen Ferreiro, sorprendeunos ca interpretaión de Os Miserables en versión para banda, coro e solistas, continuando cun repretorio moi atractivo para o público.

Galeria    Correo Gallego

Mércores 28 de maio, 20:30 h.

Auditorio do Conservatorio.

Acto de graduación cpn entrega de diplomas e orla ao alumnado que remata o Grao Profesional.

Luns 2 de xuño de 2014

19:00 horas

Sala Mozart do Auditorio de Galicia

Participan o Coro Profesional, Banda Xuvenil, Banda Profesional e Orquestra Sinfónica.  Neste concerto entreganse os premios acadados no III Concurso de Solistas e no Concurso de Composición Varela Silvari e patrocinados pola ANPA Vía Stellae. Froito destes premios poderemos escoitar a estrea da  obra para banda A noite meiga de Santiago Fontes Mondragón (premiado) e a obra para coro Esquizofrenia de Christian Losada Matías (mención de honra). Como solista do concerto actuará Laura Cuñarro (Tercer Premio no Concurso de solistas), interpretando o Concerto de Schumann acompañada da Orquestra Sinfónica.

Programa de man

Noraboa á Equipa de Dinamización da Lingua Galega por a súa iniciativa de recuperación e difusión do patrimonio musical galego. O concerto de Guitarristas Galegos ofrecido o pasado 30 de abril de 2014 permitiu escoitar as obras de tres compositores galegos: Eugénio e Jesús Santos Sequeiros, e R. Guterrez-Parada. Esto foi posible grazas á colaboración das familias, que estiveron presentes no concerto, e ao profesorado que participou interpretando as pezas. Numeroso público achegouse a escoitar de primeira man as obras dos guitarristas galegos.

Galeria         Portal Galego da Lingua

Luns, 26 de maio de 2014

19:00 horas

Auditorio do centro

Fantástico concerto o ofrecido polas profesoras Emma Urango e Yolanda Delgado. Comezou cunha refinada interpretación das Pezas de concerto de F. Couperin, para continuar cas sutiles sonoridades de Debussy. Rematou entre aprausos e bravos co pasional Gran Tango de A. Piazzolla, que sen dúbida, emocionou ao público.

Programa de man   Correo Gallego   Galeria

19 e 20 de maio de 2014

20:00 horas

Paraninfo da USC

Ciclo organizado polo Conservatorio ca colaboración do Vicerreirotado deEstudantes, Cultura e Formación contínua. Participan solistas destacados de últimos curso, podendo escoitar nesta edición a intérpretes de diferentes especialidades como violín, guitarra, percusión, trompeta, frauta, óboe, clarinete, fagot, piano e canto.

Web Turismo  Programa 19 maio     Programa 20 maio

Luns 5 de maio de 2014,  20:30 h

Pianista e compositor: Iago Hermo, antigo alumno do CMUS Santiago.

Acompañado polo trío de corda: Jesús Arranz, Saúl García e Cayetana Mariño

o reverso d'a noite, para trío de corda e piano * (estrea absoluta)

Jesús Arranz, Saúl García e Cayetana Mariño , trío de corda

Programa   Cartaz

O cheque que este ano o Conservatorio Profesional de Santiago e o Centro Superior de Hostería de Galicia entragaron á Cruz Vermella ascende a 2.583€, máis dun 150% do recadado na primeira edición. A velada contou ca participación de recoñecidas personalidades no mundo culinario e musical, elaborando Pepe Solla un pincho que se puido degustar no exquisito e variado cóctel ofrecido polo alumnado de Hostelería e a música en directo de Abe Rábade, que clausurou cunha viva interpretación a velada solidaria.

Correo Gallego       Máis información       Galería

Más artículos...